Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 102/2018).

Eu, Carmen Dosuna Neto, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 102/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Erik Alexander Paulino Mercedes contra La Habana en Galicia, C.B., Jorge Abraham Torres e Antonio López Armenteros, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Que estimando a demanda formulada por Erik Alexander Paulino Mercedes contra a empresa La Habana en Galicia, C.B., Jorge Abraham Torres, Antonio López Armenteros, declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos de data 23 de decembro de 2017 e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 525,36 euros, sen salarios de tramitación, e deberá pór en coñecemento do xulgado, no prazo antes dito, se optan ou non pola readmisión. En caso que se opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación a razón de 31,84 euros diarios.

Así mesmo, condeno a demandada ao aboamento da cantidade de 2.179,25 euros por salarios correspondentes á nómina de novembro de 2017, decembro de 2017 (23 días) e a parte proporcional de vacacións de 2017 (14,5 días), que conforman un total de 2.179,25 euros, cos xuros moratorios do artigo 29 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que non é firme, xa que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De ser o caso, deberase anunciar o propósito de facelo dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, por conduto deste xulgado. Bastará para iso a mera manifestación da parte ou do seu avogado ou representante ao facerlle a notificación da sentenza do seu propósito de interpor o recurso; tamén se poderá anunciar o recurso por comparecencia ou por escrito das partes ou do seu avogado ou representante ante este xulgado e no indicado prazo e, se fose a empresa demandada quen o fixese, acreditando, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena na conta de “depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado do social na entidade Banco Santander (antes Banesto), oficina principal, conta número 2322-0000-60-0102-18. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que conste a responsabilidade solidaria do avalista. Así mesmo, se fose a empresa demandada quen intentase interpor o recurso de suplicación, deberá consignar o depósito de 300,00 euros na conta corrente denominada “recurso de suplicación” que, co número 2322-0000-65-0102-18, mantén este xulgado do social na mesma entidade bancaria, e deberá o recorrente entregar na secretaria do xulgado o correspondente xustificante ao tempo de interpor o recurso de suplicación.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, e farase constar como beneficiario “Xulgado do Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírteselles ademais ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, de ser o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma a Antonio López Armenteros, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza