Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 665/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 665/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luz Varela Vázquez contra Xullo Castro-Acuña Baixauli e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 665/2016

Demandante: María Luz Varela Vázquez

Letrado: Sr. Novo Prego

Demandados: Julio Castro Acuña Baixauli, Fogasa

Sentenza 53/2019

A Coruña, 30 de xaneiro de 2019

Decido que estimo a demanda formulada por María Luz Varela Vázquez fronte a Julio Castro Acuña Baixauli e, en consecuencia, condeno este a aboar á primeira a suma de 1.867,73 euros brutos en concepto de vacacións pendentes de desfrute na data de extinción da relación laboral, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto, sen prexuízo do previsto no artigo 33 ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado, Javier López Cotelo.

Publicada o día 6.2.2019.

Asinado, Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Julio Castro-Acuña Baixauli, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza