Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (Autos 611/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 611/2018 por instancia de Susana Viña Gerpe contra Fogasa e Laricar 10, S.L. sobre DSP, en que recaeu sentenza do 23 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Susana Viña Gerpe fronte á empresa Laricar 10, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento da traballadora efectuado pola empresa Laricar 10, S.L.,

– Condénase a empresa Laricar 10, S.L. á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, a razón de 45,96 euros diarios.

– Condénase a empresa Laricar 10, S.L. a abonar á traballadora a cantidade de 12.283,15 euros en concepto de cantidades impagadas e intereses do 10 %, así como a cantidade de 525,80 euros en concepto de diferenzas salariais, as cales deberán incrementarse nun 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Laricar 10, S.L., expídoa e asínoa.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza