Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11395

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (67/2017).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. fronte a O Cantiño Restaurante, S.L. e Mauro Antonio Puga Martínez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 103/2018

Pontevedra, 31 de xullo de 2018.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza en funcións de substitución por abstención do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 67/17 sobre responsabilidade contractual, promovidos por instancia da mercantil Recreativos Mafari, S.A., representada polo procurador Sr. Sanjuán Fernández e asistido polo letrado Sr. Cuíñas Rodríguez, contra Mauro Antonio Puga Martínez e contra a mercantil O Cantiño Restaurante Mexicano, S.L., ambos en situación de rebeldía procesual, constando suficientemente acreditadas as súas circunstancias persoais en autos.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A. debo:

Declarar resolto o contrato privado de instalación e cesión de dereito de exclusiva de máquinas recreativas e préstamo asinado polas partes o 25 de febreiro de 2015.

Condenar de forma solidaria a mercantil O Cantiño Restaurante Mexicano, S.L. e o avalista solidario das súas obrigacións, Mauro Antonio Puga Martínez, á devolución á parte demandante da suma de 6.394,80 euros nos termos indicados no fundamento de dereito terceiro.

Todo iso con imposición das custas causadas ás partes demandadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e comuníqueselles que fronte a ela cabe recurso de apelación cuxo coñecemento lle corresponde á Audiencia de Pontevedra, que debe interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia acórdoo, mándoo e asínoo».

E atopándose os ditos demandados, O Cantiño Restaurante, S.L. e Mauro Antonio Puga Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Pontevedra, 10 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza