Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11393

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (491/2009).

Peza: recurso de apelación (LACN) 491/2009

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Ferrol

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 662/2004

Recorrente: Antonio Teijeiro Castro

Procurador: Rafael Francisco Pérez Lizarriturri

Recurrida: Comunidade de Propietarios Edificio Urbanización Fonte da Cruz de Narón

Faise saber que este tribunal, no recurso de apelación (LACN) 491/2009, ditou sentenza cuxo encabezamento e resolucións de ambas as instancias literalmente din:

Peza: 491/2009.

Procedemento de orixe: 662/2004.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol.

Deliberación o día 18 de maio de 2010.

«Sentenza 218/2010.

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Dámaso Manuel Brañas Santa María, Fernando García Cachafeiro.

A Coruña, 27 de maio de 2010.

No recurso de apelación civil número 491/09, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, en xuízo ordinario 662/04, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 3.207,90 euros, seguido entre partes, como apelante, Antonio Teijeiro Castro, representado polo procurador Sr. Pérez Lizarriturri e, como apelados, Comunidade de Propietarios Edificio Urbanización Fonte da Cruz, Narón, Maruja Teijeiro Castro e herdeiros descoñecidos de Josefa Castro Ferreiro e outros, rebeldes. É relator Dámaso Brañas Santa María.

(Seguen antecedentes e fundamentos xurídicos).

Resolución.

Desestimamos o recurso de apelación interposto, confirmamos a sentenza impugnada e impoñemos á parte apelante as custas causadas polo recurso. Devólvanse os autos, con certificación da presente, que é firme, ao xulgado de procedencia.

Así por esta sentenza, da que levará certificación á peza, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Maruja Teijeiro Castro e herdeiros descoñecidos e incertos de Josefa Castro Ferreiro e outros, apelados en rebeldía civil, cuxos domicilios se ignoran, expido o presente.

A Coruña , 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza