Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11392

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO de interposición do recurso contencioso-administrativo 4385/2016, contra a Orde do 18 de setembro de 2018, de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Foz (Lugo).

No presente órgano xudicial, a procuradora Ana María González-Moro Méndez, en nome e representación que ten acreditada en autos, interpuxo recurso contencioso-administrativo nº 4385/2018 fronte á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), sobre a Orde do 18 de setembro de 2018, de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Foz (Lugo).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 20 de decembro de 2018 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, do acto ou da conduta impugnados.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza