Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11397

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (213/2017).

Eu, María Ángeles Méndez Metra, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, polo presente fago saber que no xuízo verbal número 213/2017, seguido neste xulgado por instancia de Zaray Moreda, S.L., ditouse a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

O Porriño, 9 de xullo de 2018.

Xuíza substituta: María del Mar País Bonamusa.

Parte demandante: Zaray Moreda, S.L.

Letrado: Jorge López Vilar.

Procurador: Sr. Fandiño Carnero.

Parte demandada:

1. María Victoria Muela Pérez e a comunidade de herdeiros de Manuel García Baliña, representada por Manuel García Muela.

En situación de rebeldía procesual.

2. Jorge Tocino Maquieira e a súa esposa Casimira Garrido Montes.

En situación de rebeldía procesual.

Obxecto: accións reais sobre inmobles, declarativas de dominio, de tracto rexistral e de condena.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Zaray Moreda, S.L. contra María Victoria Muela Pérez e a comunidade de herdeiros de Manuel García Baliña, representada por Manuel García Muela, contra Jorge Tocino Maquieira e Casimira Garrido Montes e, en consecuencia:

1. Declaro que os codemandados Jorge Tocino Maquieira e a súa esposa Casimira Garrido Montes transmitiron 4/110avas partes indivisas no condominio dos tres predios descritos no feito primeiro da demanda a Manuel García Baliña, que as adquiriu para a súa sociedade de gananciais habida coa codemandada María Victoria Muela Pérez.

2. Declaro que María Victoria Muela Pérez e o seu falecido esposo Manuel García Baliña (substituído este neste proceso polos seus herdeiros), transmitiron, pola súa vez, as ditas 4/110avas partes indivisas no condominio dos tres predios descritos no feito primeiro da demanda aos esposos José Manuel Riveiro Bilbao e Rosa María Álvarez Pereira.

3. Declaro que desde 1991 ata a data, é dicir, durante 26 anos, os esposos María Victoria Muela Pérez e o seu falecido esposo Manuel García Baliña, primeiro, e os esposos José Manuel Riveiro Bilbao e Rosa María Álvarez Pereira, despois, e por último a demandante, viñeron posuíndo as ditas 4/110avas partes indivisas no condominio de cada un dos tres predios descritos no feito primeiro da demanda a título de donos, con xustos títulos, de boa fe, pública, pacífica e ininterrompidamente entre presentes.

4. Declaro por notoriedade acreditada neste proceso e por usucapión ou prescrición adquisitiva que Zaray Moreda, S.L. é a titular do dominio de dicha 4/110avas partes indivisas no condominio de cada un dos tres predios descritos no feito primeiro da demanda, debendo cancelarse as inscricións do dominio a favor de Jorge Tocino Maquieira e Casimira Garrido Montes das ditas 4/110avas partes indivisas en cada un dos tres predios, inscribíndose estes previamente a favor de José Manuel Riveiro Bilbao e Rosa Maria Álvarez Pereira e a continuación a favor de Zaray Moreda, S.L.

5. Condeno todos os demandados a avirse ás anteriores declaracións.

6. Ordeno expedir mandamento ao rexistrador da propiedade de Redondela co fin de que este proceda a inscribir a Zaray Moreda, S.L. como titular das 4/110avas partes indivisas nos asentos dos predios rexistrais nº 10.446 e nº 8.248 do tomo 467, libro 108 e do predio rexistral nº 15.625 do tomo 394, libro 89, coa cancelación previa das inscricións daqueles que figuran a favor dos codemandados Jorge Tocino Maquieira e Casimira Garrido Montes.

Impóñense as custas causadas aos demandados.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, ante este xulgado e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo da acreditación de depositar a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación supoñerá a inadmisión a trámite do recurso. A súa desestimación ou inadmisión supoñerá a perda do depósito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jorge Tocino Maquieira e Casimira Garrido Montes, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).