Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11413

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 11/2018).

PO procedimiento ordinario 11/2018

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Rubén Darío Rey Garrafa

Avogado: José Ángel Casado Iruela

Demandados: Fogasa, Anseris Hostelería, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 11/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Darío Rey Garrafa contra Anseris Hostelería, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 11/2018 sendo parte nel, como demandante, Rubén Darío Rey Garrafa, asistido polo letrado Sr. Casado Iruela e Martín e, como demandada, Anseris Hostelería, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguinte

Parte dispositiva:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Rubén Darío Rey Garrafa fronte a Anseris Hostelería, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.846,74 euros. Son de aplicación os xuros por mora do 10 %, excepto á cantidade de 406,82 euros.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza