Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11411

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 719/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 719/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Pérez Calvo contra Fondo de Garantía Salarial e Hierros Touriño Santiago, S.A. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 719/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de María José Pérez Calvo, asistida pola letrada Sra. Matilde Mallo Nieves contra Hierros Touriño Santiago, S.A.

Parte dispositiva:

Estímase a demanda presentada por instancia de María José Pérez Calvo contra Hierros Touriño Santiago, S.A. e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral que unía as partes a data da presente resolución, condenando a demandada a aterse a anterior declaración e a aboar a demandante unha indemnización de 31.830,84 euros.

Condeno, así mesmo, as empresas demandadas a aboar á demandante a cantidade de 33.684,21 euros como cantidades debidas en competo de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro del indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Hierros Touriño Santiago, S.A. e a José Touriño Camiña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza