Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11409

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 287/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Sergio Vieites Martínez contra Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L. e Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., rexistrado como procedimiento ordinario 287/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Global Sales Solutions Line, S.L. e Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 27 de maio de 2019, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos los medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador o graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Global Sales Solutions Line, S.L. e Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza