Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 73/2018).

Procedemento ordinario 73/2018

Demandante: Tania Vanessa Precedo Sánchez

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Fogasa, Papelería Ofixiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., Lubian Xestión Inmobiliaria, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 73/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania Vanessa Precedo Sánchez contra Papelería Ofixiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., Lubian Xestión Inmobiliaria, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 73/2018, sendo parte nel, como demandante, Tania Vanessa Precedo Sánchez, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro e, como demandados, Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., Lubian Xestión Inmobiliaria, S.L., que non comparecen a pesar da súa citación en legal forma, do mesmo xeito que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Decisión

Estímase a demanda interposta por Tania Vanessa Precedo Sánchez fronte a Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., Lubian Xestión Inmobiliaria, S.L. e, en consecuencia, condénanse solidariamente as demandadas a aboar á demandante a cantidade de 7.700,75 euros. Son de aplicación os intereses por mora do 10 %.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese esta resolución ás partes, contra a que cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta bancaria aberta a nome desta oficina xudicial, e acreditar mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Papelería Xiz, S.L. e a Lubian Xestión Inmobiliaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza