Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10761

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (MMC 287/2018).

Modificación de medidas suposto contencioso (MMC) 287/2018

Procedemento de orixe: familia, garda, custodia, alimentos filla menor non matrimonio non c. 273/2012

Sobre: modificación de medidas

Demandante: Inés Elisa Álvarez Zaracho

Procurador: Francisco Javier Soaje Renard

Avogado: Álvaro Roade Rey

Demandado: Francisco Bordon Martínez

Ministerio Fiscal

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio da presente notifícaselle a Francisco Bordon Martínez a Sentenza ditada nas presentes actuacións, cuxo encabezamiento e sentenza son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 37.

Vigo, 29 de xaneiro de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 287/2018 sobre modificación de medidas, por instancia de Inés Elisa Álvarez Zaracho, como demandante, representada polo procurador dos tribunais Javier Soaje Renard e baixo a asistencia letrada de Álvaro Roade Rey, contra Francisco Bordon Martínez, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Sentenza.

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Soaje Renard, en nome e representación de Inés Elisa Álvarez Zaracho, contra Francisco Bordon Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta, e atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade da menor Lida Dahiana Bordón Álvarez á súa proxenitora, a Sra. Álvarez Zaracho.

As custas impóñense á parte demandada.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento da menor para os efectos oportunos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

Vigo, 31 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza