Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10759

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3980/2018 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 3980/2018

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 906/2017 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Brais Leston Aldao

Avogada: Raquel Cordero Seijo

Recorridos: Fogasa, Anseris Hostalería, S.L., Tencrucho, S.L., Lambiscada, S.L., Manuel Hermida Rodríguez

Avogados: letrado de Fogasa, (…), (…), (…), (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3980/2018, seguido por instancia de Brais Leston Aldao contra Fogasa, Anseris Hostalería, S.L., Tencrucho, S.L., Lambiscada, S.L., Manuel Hermida Rodríguez, sobre despedimento disciplinario, se pronunciou a seguinte resolución, que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos: que estimando o recurso de suplicación interposto por Brais Lestón Aldao contra a sentenza pronunciada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, con data do 20 de xuño de 2018, e con revogación da súa sentenza, debemos declarar a improcedencia do despedimento do demandante e condeno as empresas Anseris Hostelería, S.L., Lambiscada, S.L., Tencrucho, S.L. y Manuel Hermida Rodríguez a que, no pazo de cinco días, contado desde a presente resolución, opten pola readmisión do demandante no seu posto de traballo co aboamento dos salarios de tramitación ou o indemnicen solidariamente na suma de 2.150,14 euros sen o aboamento dos salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano do mesmo.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++)».

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería S.L., Manuel Hermida Rodríguez, Lambiscada, S.L. y Tencrucho, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, e advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza