Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 963/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 963/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pan Souto contra a empresa Construcciones Vieiro 13, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Manuel Pan Souto, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Construcciones Vieiro 13, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.977,05 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza