Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1018/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1018/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bibiana Teijeiro López contra Pedre Fortes, S.L., A Fonte Seca, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Bibiana Teijeiro López contra a entidade Pedre Fortes, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Pedre Fortes, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.475,97 euros brutos en concepto de cantidades debidas por diferenzas salariais de abril a xuño de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 136,77 euros por indemnización por fin de contrato.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pedre Fortes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza