Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 860/2017).

Eu, Carmen Dosuna Nieto, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 860/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Villar López contra a entidade Fotografía Oliver, S.L., sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que estimando a demanda interposta por Ana María Villar López contra a empresa Fotografía Oliver, S.L., declaro resolto con data da presente resolución o contrato que vinculaba a demandante con esta última e condénoa a aboarlle en concepto de indemnización a cantidade de 22.537,62 euros; xunto coa dita cantidade a demandada debe aboar á demandante a suma de 5.940,80 euros correspondentes aos salarios deixados de percibir e pagas extras; así como, estimando a demanda de despedimento, condeno a demandada ao pagamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento declarado improcedente ata a presente sentenza, a razón de 39,06 euros diarios. Máis os xuros de mora correspondentes ás devanditas cantidades.

Ademais, condénase a entidade demandada a aboar unha multa de 300 euros por mala fe e os honorarios do representante graduado social da demandante, ata o límite de 600 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá acompañarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0860-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, consignar no Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0860-17, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado do Social número 1 de Lugo e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese, ademais, ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se é o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta min sentenza, da que levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Fotografía Oliver, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza