Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1014/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1014/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Camba Loureda contra Ediciones Lenda, S.L., Fogasa, Administración Concursal de Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanare sobre despedimento, ditouse auto de aclaración de sentenza de data 23 de xaneiro de 2019 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva.

Procede a rectificación instada pola parte demandada de maneira que na decisión, no número 1º, onde di: “1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lourdes Folla Sánchez fronte á empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión”, debe dicir: “1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marcos Camba Loureda fronte á empresa Edicións Lenda, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

O maxistrado xuíz».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza