Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 661/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 661/2018, seguido por instancia de Cristina Vergara Regueira contra María del Carmen Fernández Veiga, sobre despedimento, ditouse Sentenza 13/2019, do 11 de xaneiro, que estima a demanda e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Fernández Veiga, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña , 30 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza