Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (892/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 892/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Matos Pardo contra Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña

Sentenza: 37/2019

Seguridade social (SSS) 892/2017

Demandante: Ramón Matos Pardo

Graduado social: Francisco Nazario Diz García

Demandados: Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS)

Avogados: (…), letrado da Seguridade Social, Eva Monteoliva Díaz, letrado da Seguridade Social

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Seguridade Social 892/2017

Demandante: Ramón Matos Pardo

Letrado: Sr. Diz García

Demandados

– INSS, TXSS

Letrada: Sra. García Sánchez

– Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales

Letrado: Sra. Monteoliva Díaz

– Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U.

Letrado:

Sentenza 37/2019

A Coruña, 22 de xaneiro de 2019

Fallo

– Estimo a demanda interposta por Ramón Matos Pardo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, TXSS, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales y Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U. e, en consecuencia, revogo a resolución impugnada e declaro o demandante afecto ao grao de IP total para a súa profesión habitual de operador de pa, con recoñecemento dos efectos legais que corresponden.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá se anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado, Javier López Cotelo.

Publicada o día 24 de xaneiro de 2019.

Asinado, Marta Yanguas del Valle».

E para que lles sirva de notificación en legal forma á mercantil Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza