Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 880/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 880/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Folla Sánchez contra Cervecería Coruñesa, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 880/2017

Demandante: Lourdes Folla Sánchez

Letrado: Sr. Quintáns López

Demandado: Cervecería Coruñesa, S.L.

Letrado: (…)

Fogasa

Letrado: (…)

Sentenza 3/2019

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019

Decisión

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lourdes Folla Sánchez fronte á empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 21.098,05 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 42,67 €/día, o que dá a cantidade de 22.188,40 euros.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cervecería Coruñesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza