Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (634/2018).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 634/2018

Sobre: despedimento

Demandante: Moustapha Diop

Graduado social: Alfonso Carballo Jardón

Demandada: Servicar 2017, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Moustapha Diop contra Servicar 2017, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 634/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Servicar 2017, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 21 de marzo de 2019, ás 11.30 horas na planta baixa, sala 6, Edificio de Xulgados, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, e poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Servicar 2017, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza