Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 934/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 934/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Giulliana Madero Soñora, Rosana Soñora Prado contra Fogasa, Galipasa, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«Sentenza: 36/2019

Procedemento ordinario (PO) 934/2017

Sobre: ordinario

Demandante: Giulliana Madero Soñora, Rosana Soñora Prado

Avogada: María Jesús Dubra Rey

Demandados: Fogasa, Galipasa, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…)

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 934/2017

Demandante: Giulliana Madero Soñora

Letrado: Sra. Dubra Rey

Demandado: Galipasa, S.L.

Letrado: (…)

Fogasa

Letrado: (…)

Sentenza 36/2019

A Coruña, 22 de xaneiro de 2019

Decisión

Estimo a demanda formulada por Giulliana Madero Soñora fronte a Galipasa, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 1.974,42 euros brutos en concepto de débeda salarial polos conceptos e desagregación contidos na demanda.

O Fogasa pasará polo resolto nesta resolución sen prexuízo da aplicación do artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado, Javier López Cotelo.

Publicada o día 24 de xaneiro de 2019.

Asinada, Marta Yanguas del Valle».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Galipasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza