Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (713/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de clasificación profesional 713/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Casimiro Rosario Valerio contra Anseris Hostelería, S.L., en que é parte o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación categoría profesional número 713/2016

Demandante: Casimiro Rosario Valerio

Letrada: Sra. Amilibia Rueda

Demandada: Anseris Hostelería, S.L.

Sentenza 10/2019.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

Decisión:

Estimo a demanda sobre reclamación de diferenzas salariais e cantidades formulada por Casimiro Rosario Valerio fronte a Anseris Hostelería, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 790,29 euros netos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Javier López Cotelo. Asinado.

Publicada o día 23 de xaneiro de 2019.

Marta Yanguas del Valle. Asinado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza