Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 486/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 486/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Martínez Marzoa contra Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L., administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., administrador concursal Shivshi, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Gaviota Textil, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 486/2017

Demandante: María Jesús Martínez Marzoa

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandadas: Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L. –non comparecen–

Letrados: administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L. –non comparecen–

Fogasa: letrado (…)

Sentenza 24/2019.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Jesús Martínez Marzoa fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L, Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no ordinal anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e, de optar a empresa por ela: a cantidade de 35.628,22 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 39,75 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L., polo que deben ser absoltas de todo pedimento dirixido fronte a eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L. deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada o día 23.1.2019.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza