Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8768

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (XVB 397/2017).

Xuízo verbal (XVB) 397/2017

Sobre: outros verbal

Demandante: José Manuel Domínguez Cousillas

Procurador: Pedro Andrés Barral Vila

Avogado: Manuel Jesús García Rodríguez

Demandada: Sancaralampio, S.L.

Eu, Patricia López Cousillas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de José Manuel Domínguez Cousillas fronte a Sancaralampio, S.L., pronunciouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 87/2018

Marín, 6 de novembro de 2018

Vistos por min, Rosario Rodríguez López, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín e do seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal seguidos co número 397/2017 por instancia da demanda interposta polo procurador Pedro A. Barral Vila, en nome e representación de José Manuel Domínguez Cousillas, baixo a dirección letrada de Manuel Jesús García Rodríguez, contra Sancaralampio, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, dítase en nome do rei a presente sentenza en virtude dos seguintes…

Sentenza

Que estimando a demanda formulada polo procurador Pedro A. Barral Vila, en nome e representación de José Manuel Domínguez Cousillas, fronte a Sancaralampio, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual:

I. Debo declarar e declaro o dominio do demandante José Manuel Domínguez Cousillas sobre a praza de garaxe número 23, sita na planta soto do edificio da r/ Calvo Sotelo número 108 e 110 (hoxe rúa Concepción Arenal número 104, segundo se indica na demanda) de Marín, inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra, predio rexistral número 9563, e condeno a parte demandada Sancaralampio, S.L. a estar e a pasar pola anterior declaración.

II. Debo ordenar e ordeno a inscrición do predio descrito a favor da parte demandante José Manuel Domínguez Cousillas, logo da práctica das correspondentes operacións rexistrais, incluída a cancelación das inscricións contraditorias a esta declaración.

Fáiselle expresa condena en custas á parte demandada.

Notifíqueselle ás partes a presente resolución, facéndolles saber que cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (arts. 457 e ss. da LAC).

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais, levándose o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a ditou no día da súa data e en audiencia pública. Dou fe».

E encontrándose esta demandada, Sancaralampio, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Marín, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza