Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8770

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1164/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1164/2015 por instancia de Ángel Garrido Rodríguez contra a empresa Autoescuelas Sousa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 15 de xaneiro de 2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Sentenza.

Estímase a demanda formulada por Ángel Garrido Rodríguez fronte a Autoescuelas Sousa, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Autoescuelas Sousa, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de tres mil trescentos noventa e nove euros con noventa e catro céntimos de euro (3.399,94 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Autoescuela Sousa, S.L., expido e asino o presente.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza