Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8766

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 689/2016).

Xuízo verbal (XVB) 689/2016-3

Sobre: outros verbal

Demandante: Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U.

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes

Avogada: Tamara Campos Rodríguez

Demandada: Nova Hostelería A Ramallosa, S.C.

Edicto

No procedemento de referencia ditouse sentencia número 49 cuxo encabezamiento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 689/2016, seguidos por instancia de Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U., representado polo procurador García-Piccoli Atanes, baixo a asistencia letrada da Sra. Campos Rodríguez, contra Nova Hostelería A Ramallosa, S.C., en situación de rebeldía procesual.

(…)

Decisión

Estímase a demanda presentada polo procurador Sr. García-Piccoli Atanes, no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a demandada a pagarlle á demandante a cantidade de mil setenta e oito euros e setenta e tres céntimos (1.078,73 €) máis os xuros, así como o pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para interpor o dito devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado consonte o establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o cal deberá ser acreditado no momento de presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Nova Hostelería A Ramallosa, S.C., e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza