Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8764

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 128/2017).

Procedemento ordinario 128/2017

Procedemento de orixe: monitorio 128/2017

Sobre: outras materias

Demandante: Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U.

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes

Avogada: Tamara Campos Rodríguez

Demandada: María Ángela Montero Ares

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario 128/2017, seguido por instancia de Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U. fronte a María Ángela Montero Ares, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 146/2017

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U.

Procurador: Sr. García-Piccoli Atanes

Avogada: Sra. Campos Rodríguez

Demandada: María Ángela Montero Ares (en rebeldía procesual)

Xuízo ordinario 128/2017, sobre reclamación de cantidade

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Decisión

Estimar parcialmente a demanda interposta por Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U., representada polo Sr. García-Piccoli Atanes, contra María Ángela Montero Ares, en rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboarlle á demandante 5.500 euros, máis os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Iso sen imposición de custas a unha ou a outra parte.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a que se notifique esta resolución.

Para interpor o recurso de apelación será necesaria a constitución previa de depósito de 50 euros, que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións do xulgado, e deberase xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. De o recurso se estimar total ou parcialmente, restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas no caso de desestimación total. Quedan exentos aqueles que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

E encontrándose a dita demandada, María Ángela Montero Ares, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza