Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8762

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 296/2016).

Procedemento ordinario 296/2016

Sobre: outras materias

Demandante: Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U.

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes

Avogada: Tamara Campos Rodríguez

Demandado: Jesús Fernando Bruni

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario, seguido por instancia de Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U. fronte a Jesús Fernando Bruni, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 59/2017

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U.

Procurador: Sr. García-Piccoli Atanes

Avogada: Sra. Campos Rodríguez

Demandado: Jesús Fernando Bruni (en rebeldía procesual)

Xuízo ordinario 296/2016 sobre reclamación de cantidade

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Decisión

Estimo parcialmente a demanda interposta por Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U., representada polo Sr. García-Piccoli Atanes, contra Jesús Fernando Bruni (en rebeldía procesual) e condeno o demandado a aboarlle á demandante 1.330,67 euros, cos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Iso sen imposición de custas a unha ou a outra parte.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado para a Audiencia Provincial dentro dos vinte días seguintes a que se notifique esta resolución.

Para interpor o recurso de apelación será necesaria a constitución previa dun depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, e deberase xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de recurso. De o recurso se estimar total ou parcialmente, restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas no caso de desestimación total. Quedan exentos aqueles que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

E encontrándose este demandado, Jesús Fernando Bruni, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza