Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (OAL 635/2017).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de oficio sobre autoridade laboral 635/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra o Sanatorio Quirúrgico El Modelo, S.L., María Rodríguez Alonso, Juan Carlos Bermúdez León, Víctor Manuel Cosme Raymundo, Cristina Freire Calvo, Eline Bandin Van Loon, María Carolina Paladine Cerile, Gineglobal, S.L., Domingo María Pedro Martínez de la Riva Etcheverria, Rebeca Pérez Fernández, sobre procedemento de oficio, ditouse a sentenza cuxa parte dispositiva di:

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda que de oficio foi interposta pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra as entidades Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L., Gineglobal, S.L. e María Rodríguez Alonso, Juan Carlos Bermúdez León, Víctor Manuel Cosme Raymundo, Cristina Freire Calvo, Eline Bandin Van Loon, María Carolina Paladino Decile, Domingo María Pedro Martínez de la Riva Etcheverria e Rebeca Pérez Fernández e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a relación que existe entre os anteriores non pode ser considerada laboral.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cristina Freire Calvo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza