Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 864/2018).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no procedemento DSP 864/2018, sobre despedimento, seguido por instancia de Francisco Alejandro de la Rosa Alcántara contra a empresa Felipe Bustos Torresano, acordouse en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXRS, citar o demandado, Felipe Bustos Torresano, en ignorado paradoiro co fin de que compareza o día 29.4.2019, ás 12.00 horas, na planta 4, sala 9, Edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia e que a parte demadante solicitou o seu interrogatorio.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina, a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto de admisión, así como as demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Felipe Bustos Torresano, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de xaneiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza