Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 551/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 551/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cruz Balboa Castro contra a empresa Irene Fandiño Camiña, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 17 de xaneiro de 2019, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Irene Fandiño Camiña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza