Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1141/2015-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1141/2015 por instancia de Moisés Hidalgo Martínez contra Prosenorsa e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 15 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Moisés Hidalgo Martínez contra a empresa Prosenorsa e o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Prosenorsa a aboarlle ao demandante a cantidade de oitocentos setenta e sete euros e un céntimo de euro (877,01 euros), vinculando tal cantidade ao administrador concursal.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Prosenorsa, S.L. e Segur Ibérica, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza