Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6943

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (F02 186/2017).

Nos autos F02 186/2017, seguidos por instancia da procuradora Alma María Blanco Pita, en nome e representación de Lucía Moras Rey, contra Óscar Adolfo Obelar, ditouse con data do 7.1.2019 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza 1/2019

Autos F02 186/2017

En Betanzos o 7 de xaneiro de 2019.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os autos do procedemento de garda e custodia número 186/2017 en que foron parte demandante Lucía Moras Rey, representada por Alma Mª Blanco e asistida pola letrada Mª José Calviño, e parte demandada Óscar Adolfo Obelar, coa comparecencia do Ministerio Fiscal, representado por Luisa Mª Suárez.

Decido que, estimando parcialmente as peticións da parte demandante Lucía Moras Rey, representada por Alma Mª Blanco, fronte á parte demandada Óscar Adolfo Obelar, procede a aprobación das medidas seguintes:

• A garda e custodia do fillo á nai, sendo a patria potestade compartida.

• En relación coa pensión por alimentos, establécese unha contía de 200 euros e os gastos extraordinarios por metade, debendo entender por tales os non periódicos, os imprevistos e non previsibles e os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social. A dita suma será aboada por meses anticipados e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que se designe, cantidade que será actualizada anualmente segundo o índice que estableza o Instituto Nacional de Estatística.

Non hai condena en custas.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Óscar Adolfo Obelar, expídese o presente.

Betanzos, 10 de xaneiro de 2019

Eva Ortiz Suárez
Letrada da Administración de xustiza