Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6941

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (329/2018).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita divorcio contencioso 329/2018, seguido por instancia de Miguel Ángel de Jesús Castillo, contra Zuleika Altagracia Bautista Muñoz, no cal se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 967/18

En Ourense o vinte e seis de novembro de dous mil dezaoito.

Lucía Isabel Yebra-Pimentel López, xuíza de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos número 329/2018, sobre divorcio contencioso, promovidos por Miguel Ángel de Jesús Castillo, representado pola procuradora Uxía Ríos Tesouro e asistido polo letrado Luis Balbuena Garrido, contra Zuleika Altagracia Bautista Muñoz, en situación de rebeldía procesual.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Uxía Ríos Tesouro, en nome e representación de Miguel Ángel de Jesús Castillo, contra Zuleika Altagracia Bautista Muñoz.

En consecuencia, decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre Miguel Ángel de Jesús Castillo e Zuleika Altagracia Bautista Muñoz.

Sen custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de cédula de notificación para a demandada Zuleika Altagracia Bautista Muñoz en paradoiro descoñecido expido o presente.

Ourense, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza