Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6939

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2252/2018-RCUD 333/2018-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2252/2018-RCUD 333/18

Xulgado de orixe/autos: despido/cesamentos en xeral 417/2017. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Club Financiero Atlántico, S.A.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández

Recorridos: Fogasa, Ministerio Fiscal, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Mercedes Clarisa Rey Porras

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento RSU 2252/2018-RCUD 333/18 desta sala, seguido por instancia de Club Financiero Atlántico, S.A. contra o Fogasa, o Ministerio Fiscal, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Mercedes Clarisa Rey Porras, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza M. Asunción Barrio Calle.

Na Coruña o 10 de xaneiro de 2019.

O anterior escrito subscrito polo letrado José Carlos Bouza Fernández, en representación da Asociación Club Financiero Atlántico, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese acudida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 da Coruña que a resolución desta sala foi recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2019