Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (922/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 922/2015 por instancia de Alfonso Pardiñas Antelo contra as empresa Edificaciones y Reformas Hermanos Rieiro, S.L. e Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza o 9.1.2019 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva

Acórdase aclarar a resolución da sentenza, a cal quedará do teor literal seguinte:

Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por Alfonso Pardiñas Antelo fronte ás empresas Edificaciones y Reformas Hermanos Riero, S.L. e Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a empresa Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Edificaciones y Reformas Hermanos Riero, S.L. a abonar a Alfonso Pardiñas Antelo a cantidade de cinco mil cincuenta e seis euros con vinte e nove céntimos de euro (5.056,29 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 % anual.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LJS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as 3 partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 LXS).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza»

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U. expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza