Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1076/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1076/2015 por instancia de Jaime García Formoso contra a empresa Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 9.1.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Jaime García Formoso fronte á empresa Nutrifitness Personal Trainers, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Nutrifitness Personal Trainers, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil douscentos corenta euros con vinte e dous céntimos de euro (1.240,22 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Nutrifitness Personal Trainers, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza