Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (263/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 263/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nikol Dahiana Legro Barahona contra Silvia Lorena Guiarratan, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva do auto é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Nikol Dahiana Legro Barahona fronte a Silvia Lorena Guiarratan, Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LXS e conforme ao solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza                A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019.

Presentándose o traballador Nikol Dahiana Legro Barahona exixindo o cumprimento polo empresario Silvia Lorena Guiarratan da obrigación de readmisión, e despachándose auto de execución de data 15.1.2019, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 4.3.2019, ás 11.30 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que lle represente teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da executada Silvia Lorena Guiarratan por medio de edictos, tendo en conta que se atopa en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratan, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza