Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 125/2018).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 125/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mireya Vargas contra Natalia Franco Segura, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Que, estimando a demanda interposta por Mireya Vargas contra a empresa Natalia Franco Segura debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos de data 1 de xaneiro de 2018, e condeno a demandada, a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade de 432,62 euros e, en caso de readmisión, a aboar os salarios de tramitación a razón de 17,48 euros diarios; de non optar no referido prazo entre a readmisión ou a indemnización enténdese que procede a readmisión.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que será resolto pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza. Ao anunciar o recurso deberá xuntarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para impugnar no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente a este procedemento número 2322 0000 65 0125 18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente a este procedemento 2322 0000 60 0125 18, a cantidade obxecto da condena, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadeiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado Social número un de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente a este procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírteselles ademais ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, de ser o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos de notificacións, e darlle cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Natalia Franco Segura, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de xaneiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza