Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6701

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 189/2018).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 189/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Luis Alexis Sazo Figueroa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fundación Laboral de la Construcción fronte a Luis Alexis Sazo Figueroa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Luis Alexis Sazo Figueroa a que aboe á demandante a cantidade de 144,41 €, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Alexis Sazo Figueroa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza