Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 112/2018).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 112/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Otero Abal contra a empresa Instalaciones y Canalizaciones Martis, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e Decreto do 8.1.2019, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones y Canalizaciones Martis, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza