Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 574/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 574/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Pombo da Torre contra Cervexaría Áncora, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución.

Estímase a demanda interposta por Manuel Ángel Pombo da Torre contra a empresa Cervexaría Áncora, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 30 de xuño de 2018 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 56,36 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento ao demandante da indemnización de 6.393,67 euros por despedimento improcedente, todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

E, igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervexaría Áncora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza