Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4589

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 71/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 71/2018, seguido por instancia de María Teresa Valeiro Mourón contra Skala Coruña, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, con data do 21 de decembro de 2018, contra os cales cabe interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Skala Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza