Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (274/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 274/2018 por instancia de Cristina Pombo Taibo contra a empresa R. Pose Distribuciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 20 de novembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Cristina Pombo Taibo contra a empresa R. Pose Distribuciones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada R. Pose Distribuciones, S.L. á traballadora.

– Condénase a empresa R. Pose Distribuciones, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte ente a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 7.435,07 euros, determinado o aboamento da dita indemnización á extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 41,77 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa R. Pose Distribuciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza