Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 753/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 753/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Concepción Baluja Sende contra Enade Gestión, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 753/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de María de la Concepción Baluja Sende, asistida pola letrada Marisol Romero Salgado, contra a empresa Enade Gestión, S.L.

Resolución.

Estímase a demanda formulada por María de la Concepción Baluja Sende contra a empresa Enade Gestión, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 6.089,71 euros en concepto de indemnización calculada a razón de 45,19 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 14 de setembro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 4.744,95 euros, todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza