Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (333/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 333/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Pereiro Saavedra contra Limcamar, S.L., Mutua Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 61, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Limpiezas Alarcón, S.L. sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por María Josefa Pereiro Saavedra contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridade Social nº 61 e as entidades Limpiezas Alarcón, S.L. e Lincamar, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 e sinalar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Alarcón, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza