Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 870/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 870/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Brais Oliveira Sanjurjo contra a empresa Atunice, S.A., coa intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de decembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 870/2016, en que son parte, como demandante, Brais Oliveira Sanjurjo, representado polo letrado José Pablo Ferrero Ferrero, e, como demandada, Atunice, S.A., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Brais Oliveira Sanjurjo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno e empresa Atunice, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.815,34 euros polos conceptos reclamados en demanda máis o 10 % de xuro de demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Atunice, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza