Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4085

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (PO 630/2015).

Eu, Sandra Pérez López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 630/2015, seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. contra David Ignacio Ruibal Ribadulla e Lolita Events, S.L., ditouse a Sentenza do 12 de decembro de 2018 que está á disposición dos demandados na Secretaría deste xulgado.

Ao encontrarse os ditos demandados, David Ignacio Ruibal Ribadulla e Lolita Events, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza