Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4083

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (ORD 647/2016).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Carlos Rodríguez Zarzalejos fronte a Promociones Canela y Mar, S.L. ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 111/2018.

Pontevedra, 7 de setembro de 2018.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario seguido neste xulgado co número 647/2016 por instancia de Carlos Rodríguez Zarzalejos, representado polo procurador Sr. Sanjuan Fernández e baixo a dirección legal do letrado Sr. Olmedo Súarez-Vence fronte a Promociones Canela y Mar, S.L., en situación de rebeldía procesual, e a Axencia Estatal da Administración Tributaria, representada e asistida polo letrado do Estado Sr. Vázquez Seijas.

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuan Fernández, en nome e representación de Carlos Rodríguez Zarzalejos, contra Promociones Canela y Mar, S.L. e a Axencia Estatal da Administración Tributaria, absolvo a Axencia Estatal da Administración Tributaria das pretensións deducidas fronte a ela e acordo:

1. Declarar que Promociones Canela y Mar, S.L. debe a Carlos Rodríguez Zarzalejos a cantidade de 224.588,20 euros en concepto de danos e perdas derivados dos incumprimentos contractuais analizados nesta resolución.

2. Declarar que Carlos Rodríguez Zarzalejos debe a Promociones Canela y Mar, S.L. a cantidade de 316.000 euros en concepto de parte pendente do prezo pactado no contrato privado do 15 de marzo de 2007.

3. Compensar xudicialmente as cantidades sinaladas nos dous números anteriores, de forma que Carlos Rodríguez Zarzalejos debe a Promociones Canela y Mar, S.L. 91.411,80 euros, debendo abonar só o dito importe ao outorgar a escritura pública, sen prexuízo do IVE que corresponda aboar.

4. Condenar a Promociones Canela y Mar, S.L. a formalizar en escritura pública o contrato privado do 15 de marzo de 2007, en que se fará constar un prezo de 590.000 euros, máis IVE, a compensación xudicial de débedas efectuada nesta sentenza, e que a cantidade que debe aboarse en concepto de parte pendente do prezo é de 91.411,80 euros, con advertencia de que, se non a formaliza no prazo de vinte días desde o outorgamento da licenza de primeira ocupación, este xulgado procederá a formalizala.

As custas procesuais causadas a Carlos Rodríguez Zarzalejos impóñense a Promociones Canela y Mar, S.L.

Non se fai especial pronunciamento respecto ás custas causadas á AEAT, polo que esta parte aboará as custas causadas pola súa instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndolles que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E atopándose a dita demandada, Promociones Canela y Mar, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 10 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza